CLUB DE CINE

O curso 2017-18 seguiremos a Zizeck para aprender sobre cine. O cine é para Zizek a arte das aparencias e das fantasías, por iso é quen de dicirnos como se constrúe a realidade mesma a través da elaboración de ideoloxías, símbolos e ficcións sociais. A ficción cinematográfica é para Zizek mais real que a realidade mesma e hoxe é unha linguaxe privilexiada para comprender o mundo no que vivimos.

En The Pervert’s Guide to Cinema (2006), un documental dirixido por Sophie Finnes e presentado polo  propio Zizek, o filósofo afirma que o cine é un arte perverso, porque non che da o que desexas, senón que che di como desear. Desvelar as súas claves será pois desvelar os nosos desexos e, xa que logo desvelar como nos construimos como animais sociais e humanos. 


Inscribiremos o noso proxecto no Gran proxecto que ven de acordar a Academia do Cine e a rede Cero en Conduta para levar o ensino do cine aos centros educativos.


https://cineysalud.blogspot.com.es/2017/07/la-academia-presenta-su-hoja-de-ruta.html

Aqui vos deixamos co noso propio vídeo apoiando ese proxecto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario