De serendipias vai o noso enigma. Buscamos unha serendipia curiosa que atoparedes se estades atentos aos datos e "tedes a mente preparada". En ocasións a nosa mente divaga xusto antes de durmir. Nese intre a nosa mente relaciona conceptos dunha forma máis libre que durante a vixilia: Comen morcegos os gatos? Comen morcegos os  gatos? E, ás veces: comen gatos os morcegos? Porque, cando non se sabe respostar a ningunha das dúas preguntas, non importa moito cal das dúas se formule. Quizais teñas que deixar que a túa mente divague para atopar a serendipia que xurde ao fixar a atención no mestre das preguntas que identifican a intelixencia.
Que relación existe entre os códigos Captcha, os gatos de Chesire e a intelixencia?


Sobre tuneles e movemento... Todo ten unha explicación... ou non?




Todos nos temos preguntado algunha vez, cando lemos un libro ou investigamos sobre un descubrimento científico ou un invento,  cómo se lle ocorrería? Semella un enigma insondable, o resultado dunha mente privilexiada ou o logro dunha imaxinación desbordante...
Porén os pensamentos, excepcionais ou non, non xorden da nada, senón das nosas experiencias, saberes aprendidos e recordos conscientes ou non. Por suposto, logo está a facilidade para organizar esas experiencias e recordos doutra forma, situalos nun novo contexto e mesmo deformalos e desestruturalos para que dean lugar a unha nova idea, orixinal e fascinante. De ónde veñen as grandes ideas? Imos poñer un exemplo.
Nun dos pasaxes mais famosos da obra de Lewis Carrol "Alicia no Pais das marabillas", o autor describe a caída de Alicia por un burato vertical:

"Alicia non tivo  tempo de pensar en deterse e atopouse caendo polo que parecía un pozo sen fondo.

Ou o pozo era en verdade profundo, ou ela caía moi amodo, porque Alicia, mentres descendía, tivo suficiente  tempo para mirar ao seu ao redor e para preguntarse que ía pasar despois. Primeiro, tentou mirar cara abaixo e adiviñar onde iría parar, pero estaba todo demasiado escuro para distinguir nada. Despois mirou cara ás paredes do pozo e observou que estaban cheas de armarios e andeis: aquí e alá viu mapas e cadros, colgados con cravos. Colleu, ao seu paso, un xerro dos estantes. Levaba unha etiqueta que dicía: MARMELADA DE LARANXA, pero, para a súa gran desilusión, viu que estaba baleiro. Non lle pareceu ben tiralo ao fondo, por medo a matar a alguén que andase por abaixo, así que o puxo noutro dos estantes mentres seguía descendendo.."


«Vaia! », pensou Alicia. «Despois dunha caída como esta, rodar polas escaleiras parecerame algo sen importancia! Que valente parecereilles a todos! Nin sequera diría nada, aínda que me caese do tellado!» (E era verdade.)

Abaixo, abaixo, abaixo. Non acabaría nunca de caer?.Gustaríame saber cantas millas descendín xa --dixo en voz alta--. Teño que estar bastante preto do centro da terra. Vexamos: creo que está a catro mil millas de profundidade...
Como vedes, Alicia aprendera algunhas cousas destas nas clases da escola, e aínda que non era un momento moi oportuno para mostrar os seus coñecementos, xa que non había ninguén alí que puidese escoitala, pareceulle que repetilo servíalle para repasar.

    Si, está debe de ser a distancia... pero pregúntome a que latitude ou lonxitude chegaría.

Alicia non tiña a menor idea do que era a latitude, nin tampouco a lonxitude, pero pareceulle ben dicir unhas palabras tan bonitas e impresionantes. Enseguida volveu empezar.


 Se cadra caio a través de toda a terra! Que divertido sería saír onde vive esta xente que anda cabeza abaixo! Os antipáticos, creo... (Agora Alicia alegrouse de que ninguén  estivese á escoitar, porque esta palabra non lle soaba do todo ben.) Pero entón terei que preguntarlles o nome do país. Por favor, señora, estamos en Nova Zelandia ou en Australia?"





A ver se eres quen de explicar de onde xurdiu a idea da caída polo burato do coello, por qué Carrol se detén a considerar a velociade da caída (ou o pozo é moi fondo ou alicia cae moi amodo) Que pasaría en realidade se Alicia puidera atravesar a TErra por ese tunel e saír a Nova Zelanda...?
Deixo  tres versiones cinematográficas diferentes da caída. Cál cres que fai mais xustiza á intención del autor?





Olimpiada de Filosofía 2016-17

Xa temos tema da Olimpiada estatal de Filosofía e tamén, por suposto, da Olimpiada Galega de Filosofía. Para comezar co tema desde principio de curso, imos seleccionando material. Ide lendo!


TEMA:
  • NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADE HUMANA
BASES>>>
MODALIDADES: 
  • DISERTACIÓN 
  • FOTOGRAFÍA
  • VIDEO
  • DILEMA MORAL
Poderán os robots chegar a ser considerados persoas? Quén eres ti na Rede? Perdemos o gañamos a nosa identidade coas novas tecnoloxías? É a tecnoloxía un mecanismo evolutivo? ¿Cáles son os límites do humano na civilización tecnolóxica? Do australopithecus ao cyborg? Pode pensar unha máquina? Pode vivir unha máquina?

MATERIAIS PARA PREPARAR>>>

Novos traballos de investigación

Van saíndo os traballos de investigación deste curso. Podedes velos en Calameó. Os novos e os non tan novos pero igual de actuais.

  

Exposición Filocomic.

Primeiro foi Brion, despois no  IES Pontepedriña, seguimos percorrendo centros amosando a cara máis amable da Filosofía nestes tempos incertos, no Eduardo Pondal, no Colexio Fingol en Lugo... en breve no IES de Melide e logo de volta a casa ate o curso que ven.

Sigue el tablero gira Filocomic de Eva en Pinterest.





Nada novo baixo o Sol... só un pouco mais de sombra!

Estamos a rematar o curso, xa vai quedando menos e os profes xa estamos ocupados en repensar o curso vindeiro. Para todos os que queiran saber algo do que nos agarda deixamos un pequeno esquema a través do que poderedes acceder á información das materias da nosa área: a Filosofía. Un saber que semella estar en retroceso nos plans educativos, pero que cada vez ten mais forza na reflexión externa á educación. Aquí, na caverna educativa, van quedando illotes aos que poder aferrarse se un non quere naufragar no mar de datos que nos propón o sistema. Deixo uns esquemas sobre os itinerarios LOMCE e tamén algo de información sobre os contidos das materias da nosa área. 




En 4º de ESO elixénse 2 optativas de 3 horas 

En 1º BACH poden elexirxe:

1 optativa de 2 horas + unha de 3 horas + unha de 1 hora
1 optativa de 4 horas (troncal non cursada) + unha de 2 horas
2 optativas de 3 horas.



en 2ª de BACH a combinación de optativas pode ser:
Duas materias optativas de 3 horas + unha de 2 horas
Unha materia optativa de 4 horas (troncal non cursada) + unha de 3 horas + unha de 1 hora







Pensamento cinético


FILOSOFÍA E MOVEMENTO.

Unha forma corporal de achegarse ao sentido dos textos filosóficos, tentando comprender o seu significado, integrándoo na experiencia física a través da execución de coreografías. Podes seguir o proxecto en Filonexosprofes: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=102



Agora aprehendemos o significado que a linguaxe dos xestos e a linguaxe do son teñen para a obra de arte dionisíaca. No primitivo ditirambo primaveral do pobo, o ser humano quere expresarse, non como individuo, senón como ser humano xenérico. O feito de deixar de ser un home individual é expresado polo simbolismo do ollo, pola linguaxe dos xestos, de tal maneira que, en canto sátiro, en canto ser natural entre outros seres naturais, fala con xestos, e, desde logo, coa linguaxe intensificada dos xestos, co xesto do baile. Mediante o son, con todo, expresa os pensamentos mais íntimos da natureza: o que aquí se fai directamente intelixible non é só o xenio da especie, como no xesto, senón o xenio da existencia en si, a vontade. Co xesto, por tanto, permanece dentro dos límites do xénero, é dicir, do mundo da aparencia, co son, en cambio, resolve, por así dicilo, o mundo da aparencia na súa unidade orixinaria, o mundo de Maya desaparece ante a súa maxia. Nietzsche. O Nacemento da Traxedia.


Na posta  en marcha e produción deste proxecto  interdisciplinar, colaboran:
Departamento de Filosofía: Elisa Varela y Eva Garea
Departamento de Educación Física: Federico Bouza.
Departamento de Música: Xoan-Xil López
Departamento de Grego: Margarita Olivar
E asa colaboracións especiais  de: Paz Peña y Chus Boo

VIDEO DA REPRESENTACIÓN



Sigue el tablero Pensamiento cinético: El Mito de la Caverna de Eva en Pinterest.

DIA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

 Hoxe celebramos o Día Mundial da Filosofía para recordar a todos a importancia do pensamento, unha actividade declarada patrimonio inmaterial da humanidade pola UNESCO. http://www.un.org/es/events/philosophyday/.


Para celebralo  realizánse actividades en moitos países do mundo. No noso tamén:



https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=4&cad=rja&uact=8&ved=0CDMQFjADahUKEwiK25WT-ozJAhXHLhoKHcH5DsU&url=http%3A%2F%2Fredfilosofia.es%2Fatheneblog%2F2015%2F09%2F17%2Fel-dia-mundial-de-la-filosofia-llega-a-madrid-con-filosofia%2F&usg=AFQjCNHpyyiZYLd3oo5xAF9C6xRC4GzcWg&sig2=gGbwKYbDpHjzOEhD9s2OpQ




Para entender un chisco mellor a  importancia desta disciplina deixo un vídeo do premio nobel Bertrand Russell, matemático, literato e Filósofo e outro de Sloterdijk Filósofo y catedrático de arte alemán





E unha páxina para saber algo máis sobre as saídas laborais destes estudios:
https://sociedadaragonesadefilosofia.wordpress.com/la-filosofia-si-tiene-salidas/

III Olimpiada Galega de Filosofía

 Xa estamos convocados. Este ano terá lugar a fase Galega da Olimpiada, se non hai cambios, o 4 de Marzo. Agardamos as bases.
 III Olimpiada Galega de Filosofía

TEMA: QUE É A BELEZA?
MODALIDADES: 
DISERTACIÓN
FOTOGRAFÍA
VÍDEO
BASES>>>